Faladoiro ‘A vida trans en Pontevedra fóra do armario”

Pechamos o ciclo de Vermús pola Diversidade do Programa municipal Pinto e Maragota, desta vez cun faladoiro para tratarmos a vida Trans, no mes no que reivindicamos a Despatoloxización da Transexualidade.

O sábado 19 de outubro a partir das 12.30 conversaremos con Ada Otero, Rihanna Currás e Mat. O coloquio, baixo o lema ‘TRANSformando Pontevedra’, organizouse grazas á colaboración das asociacións Avante LGTB, Chrysallis e Género Diverso. Incluirá unha sesión DJ a cargo do artista Bold G e, como ven sucedendo nas anteriores propostas culturais do Pinto e Maragota, os postos do Mercado ofrecerán descontos nos vermús.

Non o perdades, agardámosvos no Espazo Gastronómico do Mercado.