Nesta semana cargada de actividades, comenzamos a difusión da campaña “Percorrido á Liberdade. Como saír das violencias machistas”, destinada a axudar ás vítimas de violencia de xénero a coñecer de forma gráfica o itinerario cos pasos a seguir e os recursos dispoñibles cos que poden contar.
Dentro desta campaña vanse intalar mupis na cidade e farase reparto de carteis e folletos informativos en xulgados, centros de saúde, hospitais, comercios, centros sociais e outros edificios públicos.