Acto de MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO

A Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello, convida a toda a cidadanía a asistir ao acto da Campaña Mulleres en acción. Violencia zero, que terá lugar na Praza da Peregrina o luns 25 de novembro ás 11.30 h. En caso de choiva trasladarase ao vestíbulo do Pazo Provincial.

“Mulleres en acción. Violencia zero” 2019/2020, é un programa de acción artística contemporánea no espazo público para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco no estado actual da problemática da violencia machista no noso país. Trátase dunha proposta multisede de sensibilización, para fomentar na cidadanía unha actitude critica, o tempo que se promove a visibilidade das artistas.

A presentación na cidade de Pontevedra correrá a cargo das artistas Ana Gesto, Maria Marticorena, Ana Matey  e Isabel León cunha peza que ten por título PAN DURO.