Concentración na Ferrería contra as violencias machistas

A Concellería de Igualdade convoca a toda a cidadanía á concentración que terá lugar na Praza da Ferrería ás 12.30 h. para manifestar a
nosa máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mulleres, e de xeito máis enérxico, a súa consecuencia máis
extrema, os asasinatos.

Esta concentración supón o acto central ca campaña Pontevedra en Negro Contra as Violencias e rematará coa lectura conxunta dun Manifesto por parte de distintos centros educativos do Concello.