Ao longo do pasado mes de novembro e no marco das distintas actividades levadas a cabo pola conmemoración do 25N, a Concellería de Igualdade presentou os novos vídeos da campaña municipal de prevención da violencia sexual ‘Sen o meu si, non’.
Desta vez, a campaña céntrase na prevención das denominadas “violacións en cita”, agresións sexuais por parte de coñecidos que son das máis habituais pero das menos denunciadas. No vídeo principal explícase que é e como funciona este tipo de violencia e dá pautas para recoñecela e evitala.
A esta peza principal, de dous minutos e medio de duración, acompáñana dous vídeos máis breves para favorecer a difusión da mensaxe a través das redes sociais.
Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña municipal de información e concienciación en materia de igualdade e de prevención contra as violencias machistas e especificamente contra a violencia sexual e busca implicar a toda a sociedade. Enlace ao vídeo principal da campaña ‘Sen o meu si, non’: Violación en cita LONGO – https://youtu.be/s64rs8egyUA
Vídeos curtos:
- Violación en cita CURTO – https://youtu.be/zAP05FpqZls
- Educación en Masculino – https://youtu.be/KoIs4_fzPvY