Fáltanos Sonia

Hoxe cúmprense dez anos da desaparición da nosa conveciña Sonia Iglesias Eirín, en “paradoiro descoñecido” desde o pasado18 de agosto de 2010. A Policía Nacional, e concretamente a Brigada de Delitos contra as Persoas da Comisaría Xeral de Policía Xudicial, mantén a investigación aberta en busca de pistas.

Todo apunta a que este ano non se convocará a habitual marcha que en recordo de Sonia se ten celebrado en anos anteriores resultando sempre actos multitudinarios, pero neste décimo aniversario hai un chamamento nas redes sociais a deixar constancia de que en Pontevedra ninguén olvida a Sonia.

Desde o CIM e a Concellería de Igualdade queremos facer chegar a nosa solidaridade e cariño á súa familia e amizades.

TODAS SOMOS SONIA