Debido ás excepcionais limitacións de aforo que rexen en Pontevedra por ser “zona de especiais restriccións” moita xente interesada en asistir á estrea da curta documental “Biografía del cadáver de una mujer” que se celebrará este mércores ás 8 da tarde no Teatro Principal non poderá facelo.
Habilitarase unha canle de streaming para poder seguir o coloquio en directo coa directora do documental, Mabel Lozano, a concelleira de igualdade, Yoya Blanco, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, e a deputada provincial de Igualdade, Vicky Alonso que seguirá á proxección do documental.
Todas as persoas interesadas poderán ver o coloquio no seguinte enlace Coloquio directo online e a facer comentarios ou preguntas a través das nosas redes sociais facebook.com/cim.pontevedra e instagram.com/igualdade_pontevedra que lle serán transmitidas ás participantes.