Dentro do programa de actividades que desde a Concellería e o CIM deseñamos para a conmemoración en torno ao 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, queremos convidarvos a participar no Obradoiro de Autodefensa Ciberfeminista que se realizará online ao longo dos días 18, 19, 25 e 26 de novembro en horario de 18.00 a 20.00h.
Ten por obxectivo formar a mulleres, especialmente ás pertencentes a asociacións e colectivos feministas e tamén ás mozas do Consello da Muller Nova, sobre as estratexias de autodefensa, empoderamento e denuncia das violencias machistas nas contornas dixitais.
A autodefensa na rede é un xeito de responder ante as violencias que nela se reciben, moi especialmente as mulleres. Se a ciberviolencia existe, é porque existe violencia no mundo real, e o que pasa na rede tamén forma parte do mundo real. A autodefensa e o apoio colectivo ten como obxectivo responder a quen agreda e apoiar ás vítimas do acoso aproveitando a inmensa capacidade de Internet de crear redes de apoio e acompañamento.
Este obradoiro é un dos primeiros que se realizan con estas características en Galicia e estará dirixido por Andrea Momoitio de Pikara Magazine.
As solicitudes de inscición poderán facerse entre o 11 e o 17 de novembro na plataforma apuntate.pontevedra.gal. Posteriormente contactarase coas seleccionadas para facilitarlle as claves de acceso ao obradoiro.
HORARIO: de 18.00 a 20.00
DATAS: os mércores 18 e 25 e xoves 19 e 26 de novembro (dúas últimas semanas de novembro)
PRAZAS LIMITADAS