A Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Pontevedra, organiza un novo acto da Campaña Mulleres en acción, Violencia zero, que terá lugar na Praza da Peregrina mañá mércores 25 de novembro ás 12 h. En caso de choiva trasladarase ao edificio do Pazo Provincial. Durante o acto, a xornalista Sara Vila procederá á lectura pública do manifesto institucional do Concello de Pontevedra polo Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero
“Mulleres en acción. Violencia zero” 2020/2021, é un programa de acción artística contemporánea no espazo público que se presenta este ano baixo o lema EMERXENCIA CULTURAL, URXENCIA FEMINISTA! NIN UN PASO ATRÁS NA LOITA CARA A IGUALDADE para reivindicar a igualdade de xénero e a cultura e poñer o foco na problemática da violencia machista no noso país.
A presentación na cidade de Pontevedra correrá a cargo da bailarina e creadora galega Janet Novás (O Porriño, 1982) cunha performance que ten por título FEELINGS.