Fotogalería acto 25N na Praza da Peregrina

DAVID 2 PRAZA DA PEREGRINA: acto central do 25N. Performance do programa Violencia Zero. Lectura do manifesto de Sara Vila., miércoles, 25 nov · 12:00–12:00

A emblemática praza da Peregrina foi lugar elixido pola Deputación e o Concello de Pontevedra para conmemorar este 25 de novembro. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou a necesidade de que a violencia machista non sexa tratada “como un problema de segunda orde” polo Covid-19, porque “con pandemia ou sen ela” é unha lacra para toda a sociedade.

No acto interviu tamén a xornalista Sara Vila lendo o manifesto institucional do Concello de Pontevedra que ela mesma redactou este ano, no que suliñou que as mulleres estamos “fartas de minutos de silencio” e defendeu que no mundo actual “non hai oco para os maltratadores nin para os seus cómplices”. 

O acto rematou cunha intervención artística a cargo da bailarina e coreógrafa Janet Novás que supuxo o arranque dunha nova edición do programa provincial Violencia Zero.