Ao longo do mes de novembro o persoal do CIM, xunto coa concelleira de igualdade, Yoya Blanco, fixo unha importante labor de difusión nos medios de comunicación do traballo realizado e das múltiples situacións de violencia que sufrimos as mulleres .
Pretendeuse achegar ao máximo de poboación posible información obxectiva e rigorosa sobre igualdade e violencias machistas, así como sobre os recursos e ferramentas dispoñibles.
Compartimos como mostra algunhas colaboracións da psicóloga e directora do CIM, Rosa Campos e da axente de igualdade do CIM, Merchi Renda no programa Bos días da TVG (a partir do minuto 16) o pasado 25 de novembro e nas emisoras Onda Cero e Cadena Cope.
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-10-00-4667572?t=922