Arranca AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS 2021

Este venres 5 de marzo, a partir das 16.45h. arranca a cuarta edición do Foro AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS.

Nesta primeira sesión contaremos con Mar Cabra (17.00h), M.ª Jesús Espinosa de los Monteros (17.30h.), Susana Vera (18.45h.), Esther Palomera (19.15h.) e as xornalistas locais Belén López e Montse Fajardo (18.00h.)

Lembra que se non te inscribiches para participar a través do ZOOM, podes seguir os relatorios igualmente a través da web do Concello de Pontevedra e da de Deputación ou tamén polas redes sociais.

E o sábado 6 de marzo estaremos en sesión de mañá e tarde con Pilar Álvarez (11:30h), Pampa García Molina (12.00h), María Obelleiro, María Yáñez e Silvia Carregal (12.30h), Ebbaba Hameida (17.00h), Lara Graña e Mercedes Mora (17.30h), Henar Álvarez (18.15h) e Almudena Ariza (18.45h)