Un grupo de 22 empresarias que rexentan establecementos comerciais da cidade protagoniza o proxecto Mulleres da Vila, impulsado pola Concellería de Promoción Económica co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e deseñado co obxectivo de homenaxear, visibilizar e poñer en valor a tódalas mulleres traballadoras de Pontevedra. A iniciativa, promovida pola fotógrafa e artista plástica Patricia Maquieira, traducirase nunha exposición de fotografías das participantes a través dos escaparates dos seus negocios e na elaboración deste vídeo que permitirá coñecelas un pouco máis.
Nun ano tan complicado, no que estas mulleres traballadoras tiveron que estar máis que nunca ao pé do canón, poñer en valor o seu labor resultaba “imprescindible”. En palabras de Patricia Maquieira “no vídeo, aparte de velas como mulleres traballadoras, tamén imos ver a esencia de cada unha delas, esa parte de sensibilidade, fortaleza, esforzo e dedicación que moitas veces non vemos nas súas tendas e negocios”.