Faladoiros literarios feministas

Dentro das actividades programadas pola Concellería de Igualdade de Pontevedra co gallo do Día Internacional da Muller destaca a realización online, os mércores 10 e 17 de marzo, dos Faladoiros Literarios Feministas que se poderán seguir a través da páxina web da UNED, previa inscrición, ou da canle de YouTube do Concello.

A mesa redonda do 10 de marzo estará moderada pola xornalista Ana López Suárez (Faro de Vigo) e terá como protagonistas a Luz Darriba e Iria Vázquez Silva, que presentarán os seus libros ‘Abril’ e ‘Cómplices. A Violencia Machista Institucional’.

No faladoiro do 17 de marzo, que terá como moderadora á xornalista Sara Vila Alonso (Diario de Pontevedra), participarán como convidadas Eva Mejuto Rial e Elisabeth Oliveira, que falarán sobre os seus libros ‘A Lavandeira de San Simón’ e ‘Libros e Vivas’”.