Este mércores 17 de marzo, terá lugar o segundo dos Faladoiros Literarios Feministas organizado pola Concellería de Igualdade de Pontevedra dentro das actividades programadas co gallo do Día Internacional da Muller.
Esta vez participarán como convidadas Eva Mejuto Rial e Elisabeth Oliveira, que falarán sobre os seus libros ‘A Lavandeira de San Simón’ e ‘Libres e Vivas’” e moderará a xornalista Sara Vila Alonso do Diario de Pontevedra.
O faladoiro poderá seguirse a través da páxina web da UNED, previa inscrición, ou do seguinte enlace de Microsoft Teams.
Enlace á inscrición: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/24199