Novo Vermú do Pinto e Maragota

Libros para celebrar e reivindicar a diversidade🏳️‍⚧️!

Este mércores 31 celebraremos na Libraría Paz o Día Internacional da Visibilidade Trans con Nee Barros Fernández e a súa obra “Identidade”, publicada en Galaxia. Falamos de Libros

Identidade é unha obra de teatro para o lectorado mozo que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. Identidades, seres e sentires, voces propias e saídas do armario. Reflexións sobre a visibilidade trans na vida e na literatura co primeiro vermú de Pinto e Maragota deste ano.
Destas e de máis cousas falaremos o mércores en Paz. Podedes asistir presencialmente reservando lugar en: info@pintoemaragota.gal ou en directo nas redes sociais de Pinto e Maragota.