A xornada de formación A DIVERSIDADE SEXUAL E DE XÉNERO NAS AULAS. Materia pendente? que organiza o programa Municipal pola diversidade sexual, PINTO E MARAGOTA da Concellería de Igualdade chega á III edición. O evento levarase a cabo o vindeiro sábado, 29 de maio no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Se ben esta xornada adoitaba celebrarse no mes de xaneiro, este ano debido á pandemia trasladouse a esta nova data e celebrarase coas limitacións de aforo fixadas pola situación derivada da COVID-19 que rixan nese momento (contamos dispoñer dunhas 40 prazas). As inscricións poderán realizarse a través do correo info@pintoemaragota.gal e para docentes en activo a matriculación pode realizarse a través do CFR co código P2002204. Tanto o CFR coma o CIM colaboran difundindo e certificando a asistencia.
Velaquí os detalles do programa deste ano e o díptico:
A DIVERSIDADE SEXUAL E DE XÉNERO NAS AULAS. Materia pendente?
Organiza: Programa Municipal pola Diversidade Sexual do Concello de Pontevedra, PINTO E MARAGOTA. CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Sábado 29 de maio de 2021 Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
10.00 h. Presentación. A NECESIDADE DE EDUCAR NA DIVERSIDADE. Yoya Blanco. Concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra.
10.30 h. A LEI TRANS. O POSÍBEL IMPACTO NO EIDO EDUCATIVO. Miguel Vieito. Asesor xurídico en ARELAS, Asociación de Familias de Menores Trans*
11.30 h. DO QUE NON SE FALA, PERO SI EXISTE: CONSECUENCIAS PSICOSEXUAIS. Martina González Veiga. Sexóloga
12.45 h EXPERIENCIAS TRANS-FORMADORAS. CASOS DE ÉXITO DO TRATAMENTO DA REALIDADE LGTBIQA+
IES Johan Carballeira (Bueu)
CEIP Plurilingüe de Tirán (Moaña)
16.00 h LETRAS DIVERSAS Encontro lector con María Reimóndez, gañadora da I edición do Premio Pinto e Maragota pola diversidade coa obra “Cobiza” (Ed. Xerais) e Nee Barros, autor da obra “Identidade” (Ed. Galaxia).
17.15 h PERSOAS SA, DOCUMENTANDO O COLECTIVO DESDE O COLECTIVO. Proxección do documental e conversa coa súa directora, Carme PG Granxeiro.
19,15 h ESPECTÁCULO DE FUSIÓN DRAG-FOLK A drag pandereteira MEIGA-i someterá ao público a un exame sobre diversidade a través do folclore.

