Cinefórum sobre Explotación Sexual no teatro Principal

Pontevedra conmemora o Día contra a Explotación Sexual co documental “Benvidas ao Club”

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos, a Concellería de Igualdade celebrará o vindeiro 23 de setembro un cinefórum co obxectivo de concienciar e denunciar o inferno que sofren as mulleres en todo o mundo e que supón unha das formas de violencia machista máis extrema.

Como en anos anteriores, nos que contamos con Mabel Lozano, este ano celebraremos un novo evento no Teatro Principal no que visionaremos o documental “Benvidas ao club” da lucense Carmen PG Granxeiro e posteriormente faremos un coloquio moderado pola concelleira Yoya Blanco no que participarán a directora da obra, unha representante da asociación Impunidade Carioca e a Mestra da UNED en Pontevedra Milagros Lores Torres (Doutora en Filoloxía e Master en Educación de Xénero e Políticas de Igualdade)

Debido ás medidas hixiénico-sanitarias derivadas da crise da Covid-19, o aforo vai estar limitado, polo que para poder asistir ao Teatro Principal, será precisa a inscrición previa a través da plataforma apuntate.pontevedra.gal (aberta ata o 22 de setembro)

Mais información no teléfono do CIM 986 86 48 25