Convocado o II Premio Literario Pinto e Maragota

O Concello de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, convoca a II Edición do Premio Literario “Pinto e Maragota” que ten como finalidade visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.

As obras presentadas deberán ter presente no seu argumento, como temática principal ou transversal, a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual e/ou identidade de xénero. O xénero literario das obras presentadas poderá ser novela, teatro ou poesía, tanto para público infantil, xuvenil como adulto. Poderanse presentar cantas obras quixer, en envíos separados.

Establécese un único premio de tres mil (3.000) euros, que estará suxeito ás retencións legalmente establecidas e fará efectivo o Concello de Pontevedra.

O prazo de presentación pecharase o sábado 06 de novembro do 2021 ás 23:59h.

Podedes consultar toda a información en pintoemaragota.gal/premio ou descargar as bases da convocatoria