O Espazo Gastronómico do Mercado acollerá unha nova edición dos vermús de Pinto e Maragota, coa forza expresiva imparable do Rabelo. Música tradicional, rap, hip-hop, regueifa e improvisacións para visibilizar a diversidade e denunciar os delitos de odio contra o colectivo LGBTIQA+. Festa e reivindicación nun concerto creado especialmente para a ocasión, co título de TRANSPIRANDO.
A cita terá lugar o sábado 6 de novembro no primeiro andar do Mercado de Abastos a partir das 20:30 horas, con entrada de balde ata completar aforo.