Baixo o lema ‘Vouche dar onde maís doe’, a lona que penderá durante este mes no Consistorio centra a súa contudente mensaxe na loita contra a violencia vicaria.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o tenente de alcalde, Tino Fernández, e a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, presidiron esta mañá no balcón da Casa Consistorial o despregue da pancarta confeccionada polo Concello de Pontevedra e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) co gallo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Baixo o lema ‘Vouche dar onde maís doe’, a lona que penderá durante este mes no Consistorio centra a súa contudente mensaxe na loita contra a violencia vicaria.
No acto tamén participaron a concelleira de Protección Cidadá, Eva Villaverde; o voceiro do Grupo Municipal do PP, Rafael Domínguez; a concelleira ‘popular’ Silvia Junco; a directora do CIM, Rosa Campos, e a axente de Igualdade Mercedes Renda.