Un dos actos centrais da programación da Concellería de Igualdade para este mes de novembro será a volta da obra de teatro INVISIBLES ao escenario do Teatro Principal o martes 23 de novembro ás 9 da noite da man das actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.
A reserva de entradas xa está dispoñible a través da plataforma https://entradas.ataquilla.com, de xeito totalmente gratuíto.
O espectáculo, baseado na obra “Invisibles, relatos do maltrato” da xornalista Montse Fajardo, gañou 3 premios María Casares en 2019 á mellor dirección, iluminación e guion e foi estreado en Pontevedra en novembro de 2018.
Esta actividade está financiada con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.