Dentro das actividades que a Concellería de Igualdade e o CIM organizan co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, destaca o Faladoiro “Outras violencias machistas: a violencia vicaria”, na Casa das Campás o vindeiro mércores 24 de novembro, ás 19.00h.
Participarán Lupe Ces Rioboo, representante de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores), Eylin M. Colmenares Aguilar, representante de XTodas (Asociación de axuda a mulleres vítimas de violencia de xénero) e Andrea Campos López, promotora de igualdade e integradora social, moderadas pola concelleira de igualdade, Yoya Blanco Rial.