O próximo venres 4 de marzo ás 11 celebrarase no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra o acto de entrega dos Premios Ernestina Otero Sestelo 2021 para a incorporación da perspectiva de xénero nos centros educativos de ensino non universitario do Concello de Pontevedra.
Ditos premios están orientados a recoñecer e valorar aqueles proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, e que supoñan un exemplo de boas prácticas e modelo para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade de oportunidades.
Repártense 2.800 euros en catro premios, dous por categoría. O importe de cada premio deberá destinarse ao fomento e desenvolvemento de proxectos ou actividades relacionadas coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso seguinte á concesión deste.