Todo preparado xa para o segundo dos faladoiros feministas organizados dentro da programación do 8 de marzo en colaboración coa Vicerreitoría do Campus Universitario de Pontevedra, que se celebran na Casa das Campás.
Nesta ocasión teremos o pracer de conversar con Lola Ferreiro Díaz e Verónica Ramilo Graña, da asociación QuerEndo, Mulleres con Endometriose sobre a imperante necesidade de incorporar a perspectiva de xénero ao eido da saúde. Modera a directora do CIM, Rosa Campos Briones.
Entrada libre ata completar aforo e tamén pode seguirse en streaming a través da canle de YouTube do Concello, onde permanecerá accesible o faladoiro a partir do día seguinte. Recoméndase facer reserva no CIM a través do teléfono 986 864 825 ou do mail igualdade@pontevedra.eu para reservar praza ou que vos enviemos un enlace directo do streaming ao voso correo electrónico.