Cambio no horario do 2º Faladoiro Feminista

O Faladoiro de hoxe sobre a necesidade de incorporar a perspectiva feminista á saúde empezará ás 19.20 horas para que non coincida coa concentración de repulsa polo asasinato de Mila Marchetti no Carballiño, á que CIM e Concellería de Igualdade nos sumamos e convidamos á cidadanía a participar.