O mércores 23 de marzo terá lugar o terceiro e último Faladoiro Feminista que se están levando a cabo na Casa das Campás, en horario de 19:00 a 20:30 horas.
O de mañá será un faladoiro literario e contaremos con María Xosé Porteiro García e Sara Vila Alonso, ao fío das súas obras “Cobardes” e “Oito días sen Eva Cortes” que nos darán pe para conversar das múltiples violencias que sufrimos as mulleres, de prostitución e de como os medios de comunicación abordan estes temas.
Entrada libre ata completar aforo e tamén pode seguirse en streaming a través da canle de YouTube do Concello, onde permanecerá accesible o faladoiro a partir do día seguinte. Recoméndase facer reserva no CIM a través do teléfono 986 864 825 ou do mail igualdade@pontevedra.eu para reservar praza ou que vos enviemos un enlace directo do streaming ao voso correo electrónico.