Presentación de As mulleres que opinan son perigosas, catro anos e unha pandemia despois

A presentación do libro As mulleres que opinan son perigosas, catro anos e unha pandemia despois terá lugar o martes 29 de marzo ás 19 horas no Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra. Repartiranse exemplares de balde a quen asista.

O libro inclúe as conferencias da 1ª edición e as reflexións na actualidade das xornalistas que participaron, que forn entrevistadas por Diana López Varela e Susana Pedreira, con prólogo de Ana Pardo de Vera P. e ilustracións de Emma Gascó Ilustración

Para asistir, só é preciso confirmar asistencia no 986 804 100 ou en protocolo@depo.gal