Vídeo do Faladoiro Feminista Literario con María Xosé Porteiro e Sara Vila Alonso

https://youtu.be/jylim8aKs3A

Xa está dispoñible a versión editada do vídeo do Faladoiro Feminista Literario do 23 de marzo na Casa das Campás no que conversamos con María Xosé Porteiro e Sara Vila Alonso de violencias machistas, Feminismo, avances e retrocesos, do rearme patriarcal, sororidade, explotación sexual e reproductiva e tantas outras cousas empregando como “excusa” as súas novelas “Cobardes” e “Oito días sen Eva Cortes”. Por un problema técnico, o son empeza no minuto 1:58.

Grazas a Sara Vila e a Maria Xose Porteiro por compartir con nós a súa opinión e o seu tempo, a todas as asistentes pola vosa presenza e comentarios tan acaídos e á Vicerreitoría Campus de Pontevedra pola colaboración e apoio nesta iniciativa da Concellería de Igualdade e o CIM de Pontevedra.