Xornalismo local, saúde mental e deporte feminino centran a primeira sesión do Encontro AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS, 4 anos e 1 pandemia despois

Paloma del Río Cañadas

Este venres 10 de xuño, a partir das 11.00h. arranca a quinta edición do Foro AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Nesta primeira sesión contaremos con Carolina Sertal (11.30h), M.ª María Varela, Inma López Silva e Diana López Varela (12.15h.), Almudena Sánchez (13.00h.) e a veterana Paloma del Río (13.45h.) que pechará a sesión da mañá.

Lembra que a entrada é libre e gratuita aínda que aconsellamos inscribirse de xeito previo para garantir a praza. As inscricións poden realizarse no seguinte enlace. Tódalas persoas que realicen a súa inscrición recibirán como agasallo o libro “Mulleres que opinan. Catro anos e unha pandemia”.

Ademais o encontro poderá seguirse a través das canles de You Tube de Concello e Deputación.