Entre o 8 de abril e o 9 de xuño impartíronse un total de 37 obradoiros (56 horas) en todo o concello a alumnado dende primeiro de primaria a Formación Profesional, por parte de formadoras expertas Priscila Retamozo Ramos e Amara Pérez Davila, baixo a coordinación do CIM de Pontevedra.
Participaron 7 centros de primaria (CEIP Xunqueira 2, CEIP Daría González García, CEIP Parada-Campañó, CEIP de Cabanas, CEIP Vilaverde Mourente, CEIP Xunqueira e CEIP Santo André de Xeva), 4 centros de secundaria obrigatoria e bacherelato ( IES Valle Inclán, Torrente Ballester, A Xunqueira I e Sánchez Cantón) e 1 centro de Formación Profesional (CIFP Carlos Oroza) chegando a un total de 1057 estudantes.
Nestes obradoiros de igualdade de mulleres e homes abordáronse, en función das idades, temáticas variadas como a formación en valores e actitudes de igualdade libres de esterotipos, a prevención da violencia de xénero a través das redes sociais, a identificación das relacións afectivas respectuosas e igualitarias ou as diferentes violencias sexuais baixo os títulos “Libres de estereotipos” e “Machismo Game Over” para Primaria, “Hackeando ao machismo a golpe de likes” e “Igualdade nos Tempos de Tik Tok” en Secundaria e “Buzón Vermello” e “Non é Non” para bacharalato e ciclos de FP.
Fíxose unha avaliación interna dos obradoiros na que se mediron distintos indicadores como o Grao de pracer (manifestacións emocionais espontáneas do alumnado); Grao de participación; Clima do grupo; Comunicación e escoita e Grao de obtención dos obxectivos, sendo os resultados alcanzados moi positivos.
Estes obradoiros estiveron financiados con cargo aos créditos concedidos polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero.