Vermú literario de Pinto e Maragota

Volven os vermús de Pinto e Maragota coa presentación de EL KAMASUTRA GAY DEL SIGLO XXI, unha guía ilustrada para todos os homes que se consideran homosexuais (cis, trans ou intersex). Contaremos cos seus autores Gabriel J. Martín, un dos principais referentes en psicoloxía afirmativa gay e Sebas Martín, ilustrador e será o venres 14 de outubro ás 20.00 h. no primeiro andar do Teatro Principal de Pontevedra.

Venda de exemplares no propio acto a cargo de Libraría Paz e sinatura de libros.

GABRIEL J. MARTÍN é psicólogo e pioneiro da psicoloxía afirmativa gay. Desde a súa chegada á Coordinadora Gay-Lesbiana de Catalunya como voluntario comeza a atender a homes homosexuais e constata algo que el, como home gay, xa comprobara por si mesmo: as problemáticas que vivían os seus pacientes distinguíanse fondamente das que presentaban os seus anteriores pacientes heterosexuais. Foi este feito o que o motivou a formarse en Gay Affirmative Psychology, unha disciplina ben coñecida no mundo anglosaxón. No presente continúa atendendo exclusivamente a homes homosexuais tanto na súa consulta presencial de Barcelona como, a través de videoconferencia, a homes de todo o mundo. É autor dos libros “Quiérete mucho maricón”, “El ciclo del amor marica”, “Sobrevivir al ambiente” e “Gay sex”.