11 de outubro, Día Internacional da Nena

O 19 de decembro de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Resolución 66/170 para declarar o 11 de outubro como Día Internacional da Nena e recoñecer os dereitos das mesmas e os desafíos únicos aos que enfrontan en todo o mundo, así como promover o seu empoderamiento e o cumprimento dos seus dereitos humanos.

As adolescentes teñen dereito a unha vida segura, educada e saudable, non só durante estes anos críticos de formación, senón tamén a medida que maduran e se converten en mulleres. Se reciben apoio efectivo durante a adolescencia, as nenas teñen o potencial de cambiar o mundo, tanto como nenas empoderadas de hoxe como traballadoras, nais, emprendedoras, mentoras, xefas de fogar e líderes políticas do mañá. O investimento para iso pasa pola defensa dos seus dereitos en por un futuro máis equitativo e próspero, no que a metade da humanidade sexa un socio igualitario para resolver os problemas do cambio climático, os conflitos políticos, o crecemento económico, a prevención de enfermidades e sustentabilidade global.

As nenas están a romper os límites e as barreiras que expoñen os estereotipos e a exclusión, incluídos os dirixidos aos nenos con discapacidade e os que viven en comunidades marxinadas. Como emprendedoras, innovadoras e iniciadoras de movementos globais, as nenas están a crear un mundo que é relevante paira elas e as xeracións futuras.