A violencia contra as mulleres mais vulnerables: discapacidade e ruralidade

Mañá mércores 26 de outubro terá lugar o primeiro Faladoiro Feminista do programa de actividades deseñado pola Concellería de Igualdade e o CIM de Pontevedra dentro da campaña do 25-N deste ano.

Baixo o título ‘A violencia contra as mulleres mais vulnerables: discapacidade e ruralidade’ falaremos con Antía Toimil Iglesias de FADEMUR (Federación de Asociacións
de Mulleres Rurais) e Laura Robledo Sánchez de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) que falarán sobre como a violencia de xénero afecta de xeito
particular nestes colectivos especialmente vulnerables. Modera a conversa a xornalista Montse Fajardo.

Na Casa das Campás de 19.00 a 20.30h. Presencial ata completar aforo (recoméndase reserva) e emitirase a través da páxina web de Igualdade e das Redes sociais do Concello.

Antía Toimil Iglesias é psicóloga social, ten participado como facilitadora de diferentes talleres sobre educación emocional, relacións de bo trato e prevención de violencia de xénero dende a infancia. Actualmente é técnica de igualdade en FADEMUR-GALICIA, encargándose do trato directo coas asociacións e dinamizando obradoiros coas mulleres do rural.

Laura Robledo Sánchez é traballadora social, sexóloga e técnica na Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia – ACADAR, que vén de presentar baixo o lema Que farías ti? unha campaña de sensibilización contra a violencia sexual que sufren as mulleres con discapacidade. A campaña componse das experiencias contadas por usuarias da asociación que se converten en historias interactivas que buscan reclamar a implicación social a través do formato audiovisual.