Faladoiros Feministas Novembro 2022

Banner Faladoiros Feministras 2022

Dentro do programa de actividades programadas pola Concellería de Igualdade e o CIM de Pontevedra co gallo do 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da
Violencia contra as Mulleres, destaca a organización de tres novos Faladoiros Feministas que se celebrarán na Casa das Campás os mércores 26 de outubro e 9 e 23 de novembro en horario de 19:00 a 20:30 horas, en colaboración coa Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Consistirán en tres conversas sobre a abordaxe da violencia contra as mulleres desde diferentes frontes, presentadas pola concelleira de igualdade, Yoya Blanco, na que todas as asistentes teremos voz.

Poderán seguirse de xeito presencial ata completar aforo e tamén en streaming a través da canle de YouTube do Concello. Para asegurar a praza na Casa das Campás, recoméndase facer reserva no CIM  a través do teléfono 986 864825 ou do mail igualdade@pontevedra.eu. Podedes inscribirvos tamén para seguilo en streaming e enviarémosvos un enlace directo ao voso correo electrónico.

O programa dos Faladoiros desta campaña é o seguinte:

26 de outubro: “A violencia contra as mulleres mais vulnerables: discapacidade e ruralidade” contaremos con Antía Toimil Iglesias de FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais) e Laura Robledo Sánchez de ACADAR (ASOCIACIÓN DE MULLERES CON DISCAPACIDADE DE GALICIA) que falarán sobre como a violencia de xénero afecta de xeito particular nestes colectivos especialmente vulnerables. Modera a xornalista Montse Fajardo.

9 de novembro: “Educación sexual para previr as violencias machistas”. Contaremos con Chis Oliveira e Amada Traba,docentes e expertas en educación emocional e afectivo-sexual na mocidade e coautoras de Am@me. Pensar o amor no século XXI e Llerena Perozo Porteiro, comunicadora especialista en igualdade e escritora dun Manual sobre sexualidade editado polo Concello de Pontevedra (en fase de elaboración), que falarán sobre o papel da educación sexual na prevención primaria das violencias machistas e moi especialmente da violencia sexual na mocidade.

O acto dará inicio coa presentación do 2º estudio sobre educación e hábitos sexuais na adolescencia realizado no IES A Xunqueira I durante o curso 2021/2022 a cargo dun dos autores, o sexólogo Manuel Varela Salgado. Modera a xornalista Silvia Vieito.

26 de novembro: “Pornografía e prostitución: escola da violencia sexual” con Lorena Añón Loureiro, profesora universitaria e experta no sistema prostitucional e unha representante da asociación FARAXA pola abolición da prostitución, no que falaremos sobre a mercantilización e a explotación sexual como violencia extrema contra as mulleres. Modera a xornalista Diana López Varela.