Xa está dispoñible a gravación do primeiro Faladoiro Feminista do programa de actividades deseñado pola Concellería de Igualdade e o CIM de Pontevedra dentro da campaña do 25-N deste ano, celebrado na Casa das Campás o mércores 26 de outubro, no que falamos con Antía Toimil Iglesias de FADEMUR (Federación de Asociacións
de Mulleres Rurais), Laura Robledo Sánchez de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) e coa xornalista Montse Fajardo sobre como a violencia de xénero afecta de xeito particular nestes colectivos especialmente vulnerables.