Educación sexual para previr as violencias machistas

O vindeiro mércores 9 de novembro faremos o segundo Faladoiro Feminista da campaña do 25-N deste ano.

Baixo o título Educación sexual para previr as violencias machistas charlaremos con Chis Oliveira Malvar e Amada Traba Díaz, docentes e expertas en educación emocional e afectivo-sexual na mocidade e coautoras de Am@me. Pensar o amor no século XXI e Llerena Perozo Porteiro, comunicadora especialista en igualdade e autora dun manual sobre sexualidade que vai ser editado polo Concello de Pontevedra, sobre o papel da educación sexual na prevención primaria das violencias machistas e moi especialmente da violencia sexual na mocidade. Modera a xornalista Silvia Vieito.

O acto dará inicio coa presentación do 2º Estudo sobre educación e hábitos sexuais na adolescencia realizado no IES A Xunqueira I durante o curso 2021/2022 a cargo dun dos autores, o sexólogo Manuel Varela Salgado.

Na Casa das Campás de 19.00 a 20.30h. Presencial ata completar aforo (recoméndase reserva) e emitirase en directo a través do YouTube do Concello de Pontevedra.