Obradoiro de Técnicas para adquirir e mellorar a Autoestima

No marco do Programa EMPREGADAS vaise levar a cabo un obradoiro de técnicas para adquirir e mellorar a autoestima os próximos días 22 e 23 de novembro en horario de 10 a 12 no primeiro andar do edificio do CIM (Praza José Martí s/n). Está destinado a mulleres do concello, preferentemente demandantes de emprego.

É unha actividade presencial e gratuíta e as inscricións poden facerse ata o 18 de novembro no teléfono 621 180 030 (de luns a venres de 9 a 12h).

Contidos:

  • Que é a autoestima
  • Características da autoestima e relación co benestar. Tipos.
  • Causas dunha autoestima baixa.
  • Porque é importante cultivar e potenciar a autoestima.
  • Vive o presente. Práctica e vida diaria.

O programa Empregadas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e destinado a mulleres desempregadas residentes no concello de Pontevedra, configúrase como unha asesoría laboral no que se ofrecerá orientación, contacto con ofertas de emprego e recomendacións para poñer en marcha negocios propios. Ofrece entrevistas individualizadas para o estudo de cada perfil profesional, coa creación dun itinerario personalizado de inserción; información, orientación e asesoramento laboral individualizado; formación ocupacional a través de obradoiros e faladoiros específicos; asesoramento, titorización e formación específica para o autoemprego, e sesións grupais para traballar habilidades básicas e mellorar a empregabilidade, xerando e consolidando redes de autoaxuda e colaboración entre as mulleres do grupo.

A maiores deste obradoiro de autoestima, a programación de Empregadas contempla obradoiros para a Creación de Empresas e Autoemprego, Alfabetización Dixital e Ferramentas Google, así como faladoiros de Empregabilidade, Xénero e Empoderamento, Fomento do Espírito Emprendedor e Aposta polo Traballo Cooperativo e formación ocupacional/práctica en Xestión e Venta no Comercio Electrónico, Facturación Electrónica e Márketing Online.