O próximo xoves 17 de novembro ás 11.30 celebrarase no Teatro Principal de Pontevedra o acto de entrega dos Premios Ernestina Otero Sestelo 2022 para a incorporación da perspectiva de xénero nos centros educativos de ensino non universitario do concello.
Ditos premios están orientados a recoñecer e valorar aqueles proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, e que supoñan un exemplo de boas prácticas e modelo para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade de oportunidades. Repártense 2.800 euros en catro premios, dous por categoría. O importe de cada premio deberá destinarse ao fomento e desenvolvemento de proxectos ou actividades relacionadas coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso seguinte á concesión deste.
Ademais da entrega dos premios, aproveitaremos o acto para desfrutar da actuación de Tareixa Alonso, contacontos e integrante de Pavís Pavós.
Mais información sobre a convocatoria dos Premios Ernestina Otero Sestelo 2022