No marco do Programa EMPREGADAS vaise levar a cabo un curso de técnicas de búsqueda de emprego os próximos días 29 e 30 novembro e 2 de decembro en horario de 10 a 12 no primeiro andar do edificio do CIM (Praza José Martí s/n). Está destinado a mulleres residentes no concello de Pontevedra, preferentemente demandantes de emprego.
É unha actividade presencial e gratuíta e as inscricións poden facerse ata o 26 de novembro no teléfono 621 180 030 (de luns a venres de 9 a 12h).
Os contidos do curso son:
- Canles para a búsqueda de emprego.
- O curriculum, carta de presentación e outros elementos:
- Tipos de curriculum, estrutura e contido.
- Estrutura e contido da carta de presetación.
- Cómo enfrentarse a unha entrevista de traballo.
- Fases da entrevista.
- Que facer
- Qué evitar
- Consellos de utilidade.
O programa Empregadas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e destinado a mulleres desempregadas residentes no concello de Pontevedra, configúrase como unha asesoría laboral no que se ofrecerá orientación, contacto con ofertas de emprego e recomendacións para poñer en marcha negocios propios. Ofrece entrevistas individualizadas para o estudo de cada perfil profesional, coa creación dun itinerario personalizado de inserción; información, orientación e asesoramento laboral individualizado; formación ocupacional a través de obradoiros e faladoiros específicos; asesoramento, titorización e formación específica para o autoemprego, e sesións grupais para traballar habilidades básicas e mellorar a empregabilidade, xerando e consolidando redes de autoaxuda e colaboración entre as mulleres do grupo.
A maiores deste obradoiro de autoestima, a programación de Empregadas contempla obradoiros para a Creación de Empresas e Autoemprego, Alfabetización Dixital e Ferramentas Google, así como faladoiros de Empregabilidade, Xénero e Empoderamento, Fomento do Espírito Emprendedor e Aposta polo Traballo Cooperativo e formación ocupacional/práctica en Xestión e Venta no Comercio Electrónico, Facturación Electrónica e Márketing Online.