Vídeo Faladoiro 23/11/22 ‘Pornografía e prostitución: escola da violencia sexual’

Xa está dispoñible a gravación do último Faladoiro Feminista da campaña do 25-N deste ano, celebrado na Casa das Campás o mércores 23 de novembro, no que falamos con Liliana Freijeiro de FARAXA, Lorena Añón da Universidade de Santiago de Compostela e coa xornalista Diana López Varela sobre explotación sexual e a relación existente entre violencia sexual, pornografía, prostitución, trata, capitalismo e colonialismo.