O vestíbulo do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolleu o arranque da oitava edición do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” no que a compañía Duelirium e Mónica de Nut realizaron a performance “Corpos de abismos” que refllicte o “círculo infernal” que supón a violencia machista para as mulleres.
Durante o acto, organizado pola Deputación coa colaboración do Concello, leuse o Manifesto redactado por Montse Fajardo para o Concello de Pontevedra, dirixido aos homes culpables das violencias machistas, pero tamén aos que exercen o negacionismo.
![](https://igualdade.pontevedra.gal/web2019/wp-content/uploads/2022/12/6380a882cc-20221125-patxot-25-n-deputacion-1391-1024x559.jpg)
![](https://igualdade.pontevedra.gal/web2019/wp-content/uploads/2022/12/6380a882cc-20221125-patxot-25-n-deputacion-1391-1024x559.jpg)