Charlas TRANSFORMANDO O MUNDO en centros educativos

Dentro das actividades formativas arredor da diversidade de sexo e xénero para centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios e superiores de formación profesional, no marco do Programa Municipal PINTO E MARAGOTA, en 2022 realizáronse 9 sesións de TRANSFORMANDO O MUNDO, A NOSA MEMORIA É DIVERSA, impartida pola doutora en Historia e activista LGBT Daniela Ferrández, autora da obra “A defunción dos sexos. Historia da disidencia sexual na Galiza Contemporánea”.

Participaron nesta actividade un total de 365 estudantes dos seguintes centros: Centro EPA Rio Lerez, IES SÁNCHEZ CANTÓN (4º da ESO), IES Xunqueira 1 (1º de bach.), IES Frei Martín Sarmiento (4º da ESO), IES Torrente Ballester (4º ESO e 1º Bacharelato) e CIFP A Xunqueira (CS de Integración Social e Igualdade).

Nesta actividade empregouse un proxector ligado a un ordenador con internet para facer unha visita virtual a través de google maps a lugares de Galicia asociados a acontecementos da historia da disidencia sexual, acompañados doutros recursos visuais como fotografías e vídeos. Durante a sesión, que durou depende dos centros entre 50
minutos e dúas horas, a poñente foi relatando os principais momentos da historia LGBT galega, desde finais do século XIX ata a actualidade, un percorrido que ten como finalidade aumentar a empatía e a comprensión sobre a diversidade sexual, a súa historia e a súa situación no pasado e no presente, así como a idea de que desde Galicia tamén participou nestes procesos, que tradicionalmente temos identificados con lugares como Nova York (a Revolta de Stonewall), Madrid ou Barcelona.

Despois da exposición, estableceuse un tempo de debate para preguntas do alumnado. A proposta tivo, en xeral, boa acollida tanto polo profesorado do centros de ensino, de xeito moi especial nos ciclos de Igualdade do CIFP A Xunqueira (onde as sesións foron de case dúas horas polo debate e as preguntas do alumnado á relatora) e na EPA Río Lérez.

Esta actividade conecta tematicamente co lema “Orgullo e Memoria” das celebracións da semana do Orgullo LGBTIQA+ celebrado en Pontevedra, coa finalidade de celebrar e reivindicar a memoria do colectivo LGBT en Galicia.