CHARLA DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

No marco do Programa EMPREGADAS vaise levar a cabo un curso manipulación de alimentos o próximo 23 de febreiro en horario de 10 a 12 no primeiro andar do edificio do CIM (Praza José Martí s/n). Está destinado a mulleres residentes no concello de Pontevedra, preferentemente demandantes de emprego.

É unha actividade presencial e gratuíta e as inscricións poden facerse ata o 21 de febreiro no teléfono 621 180 030 (de luns a venres de 9 a 12h).