O Teatro Principal de Pontevedra volverá acoller o venres 17 e o sábado 18 de marzo a sexta edición do foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’ que inclúe este ano, como novidade, a convocatoria dun premio.
Esta sexta edición foi presentada oficialmente o pasado luns polas súas coordinadoras, as xornalistas Diana López Varela e Susana Pedreira, xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, institucións que respaldan e patrocinan o evento.
Neste foro reivindicativo no que se denuncia a invisibilización das profesionais da opinión nos medios de comunicación, participará este ano Rosa María Calaf, a correspondente internacional de Televisión Española que falará de ‘Información, feminismo e liberdade ao redor do mundo’, que pechará o encontro.
Tamén contará con Mara Torres, xornalista da Cadea SER, que abordará as ‘Conversacións, experiendias e o humor: a noite é súa’ e con María Guerra, crítica de cinema, ‘A crítica da Scripr: cinema, series, premios e festivais’.
Quen asista a este foro, xa sexa presencial ou telematicamente, tamén poderán coñecer os testemuños de Aida Pena, que falará dos seus 40 anos de “xornalismo comprometido” en Radio Galicia e de Paula Montes, de Radio Vigo, unha das poucas voces femininas nas retransmisións deportivas.
A xornalista do Diario de Pontevedra Alba Moledo tratará de ‘Malcriadas e deslenguadas. A opinión centennial en clave local’, a escritora Nuria Labari abordará o tema ‘Maternidade e poder: escravitude ou revolución’, mentres que a escritora Laura Ferrero disertará o tema ‘A familia e outros universos narrativos’.
Á súa vez, a guionista Paloma Rando presentará un relatorio sobre ‘Opinar sobre o que vemos’ e a xornalista Marta Peirano disertará sobre ‘Tecnoloxía e poder: contra o futuro’.
Nesta sexta edición tamén se incorpora ao cadro de relatores unha creadora de contido en redes sociais, como é Sindy Takanashi que falará sobre ‘Activismo e influencia: responsabilidade e viralidad na opinión con perspectiva feminista para Instagram’.
Este ano o programa tamén inclúe outra novidade, unha clase maxistral que correrá a cargo da escritora feminista, María Martín (@generoenaccion), co título de ‘Nin por favor, nin por favora. Como falar (e escribir) con linguaxe inclusiva’.
Ademais deste completo cartel, a sexta edición de As mulleres que opinan son perigosas presentou outra novidade: a convocatoria dun premio dirixido a artigos de opinión de autoría feminina, inéditos ou publicados nalgún medio, que fagan algún tipo de referencia explícita ao congreso de Pontevedra. Terá dúas categorías, dotada con 1.000 euros cada unha: para textos en galego e para textos en castelán. O prazo de presentación abrirase o 20 de marzo e pecharase o 10 de abril. As bases completas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia.
Mais información e inscricións