Volven as actividades do Programa SOMOS QUEN ás parroquias

A Concellería de Igualdade e o CIM do Concello de Pontevedra, poñen en marcha o programa de actividades SOMOS QUEN 2023 dirixido a mulleres das parroquias do rural para este ano.

A través das asociacións de mulleres e demais tecido asociativo do rura, ofertaranse diversas actividades a realizar entre os meses de marzo e xullo. As accións centraranse en tres grandes bloques: Actualízate (Dispositivos dixitais, Márketing online, Oratoria e Activismo feminista), Creatividade (Cestaría, Arteterapia e Fotografía e Comunicación visual) e Saúde e Benestar (Botica natural e benestar, Estimulación cognitiva e psicomotriz, Risoterapia, Bailoterapia, Ioga, Pilates, Automasaxe relaxante, Alimentación e nutrición saudable).

As asociacións interesadas en participar neste programa deben solicitar o documento coa relación de cursos no CIM, ben no teléfono 986 86 48 25 ou no correo electrónico igualdade@pontevedra.eu

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de marzo.