No marco das actividades programadas pola Concellería de Igualdade e o CIM de Pontevedra para conmemorar o 8 de marzo destaca a posta en marcha do Programa XUNTAS de empoderamento feminino, dirixido principalmente a mulleres en situación de vulnerabilidade.
Durante seis meses, todos os martes en horario de 10.30 a 12.30 da mañá, as participantes traballarán na adquisición de habilidades e coñecementos para a mellora da autoestima mediante actividades de expresión corporal, teatro, risoterapia, baile, fotografía, técnicas vocais, etc. ao tempo que se favorece a creación de redes de apoio entre iguais.
Os obxectivos que se persiguen con este programa son:
- Fomentar os valores de igualdade, eliminar estereotipos de xénero e empoderar ás mulleres a través da posta en valor tanto das súas funcións dentro da sociedade como das súa capacidades persoais.
- Crear un espazo seguro de reflexión que axude a identificar cales son as súas necesidades, dónde están e a onde queren dirixir as súas vidas.
- Mellorar a autoestima e potenciar as capacidades físicas, psicolóxicas e emocionais das mulleres a través da participación activa nas diferentes sesións.
- Crear un clima de cooperación grupal e benestar que permita compartir experiencias vitais entre as participantes e desenvolver lazos afectivos entre elas.
- Fomentar a toma de conciencia da importancia do autocoidado e o benestar persoal para o desenvolvemento e crecemento individual.
Inclúe un proxecto final de fotografía ou vídeo para exposición pública coas participantes que o desexen.
A inscrición pode facerse por teléfono, correo electrónico ou presencialmente no CIM ata o 16 de marzo. Prazas limitadas. Entre o 17 e o 20 de marzo contactarase coas seleccionadas para participar no programa para confirmar a súa reserva. Terán preferencia para participar as usuarias do CIM de Pontevedra e mulleres con factores de vulnerabilidade: vítimas de violencia, desempregadas, inactivas ou con rendas baixas, con cargas familiares non compartidas, migrantes, con discapacidade, pertencentes a minorías…
Esta actividade levarase a cabo no primeiro andar do CIM e será totalmente de balde.