Todo listo para unha nova edición dun dos foros de xornalistas e columnistas mais importante do estado. Este ano escoitaremos a trece profesionais de diferentes perfís para reivindicar que estamos aquí e non hai marcha atrás porque somos necesarias.
Porque este encontro é agora moito máis do que se propoñía na primeira edición porque nestes anos amosamos que tamén son perigosas as mulleres que informan, as que presentan, as que dirixen medios e deciden axenda, as que entrevistan, as que son correspondentes internacionais, as que ilustran e as que crean contido para redes. Son perigosas as mulleres que descobren a outras mulleres, tecen redes e fan do xornalismo unha resistencia feminista.