Faladoiro Feminista sobre a lei do ‘só si é si’

No marco do programa de actividades deseñado co gallo do 8 de marzo pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Pontevedra, este mércores 22, realizarase un Faladoiro Feminista que abordará a polémica Lei de Liberdade Sexual (‘Só si é si’) na sede do CIM de 19:00 a 20:30 horas.

O coloquio presentado pola concelleira, Yoya Blanco, estará moderado pola xornalista María Varela. As relatoras que participarán nesta conversa son Belén Rubido de la Torre, xuíza decana de Pontevedra e titular do Xulgado do Penal nº 4 de Pontevedra, especializado en Violencia Machista; Dori Varas Noguerol, traballadora social da Oficina de Atención e Asistencia ás Vítimas do Xulgado de Vigo, e Rosa Fontaíña Pazos, coordinadora e voceira da Asociación da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.

A entrada ao faladoiro é libre ata completar aforo aínda que, debido ao reducido do espazo, o CIM recomenda reservar praza previamente (no teléfono 986 864825 ou no mail igualdade@pontevedra.eu). Tamén poderá seguirse a través da canle de YouTube do Concello e posteriormente na web e nas redes sociais da Concellería de Igualdade.

Tamén se pode ver en directo no seguinte enlace:

Xa están reservadas case todas as prazas para asistir presesncialmente ao faladoiro desta tarde sobre a lei de liberdade sexual, mais coñecida como a lei do só si é si, pero tamén poderedes velo no YouTube do Concello ou a través do seguinte enlace::

O programa de Faladoiros Feministas pecharase o 29 de marzo cun coloquio literario focalizado na incorporación da perspectiva feminista na literatura actual, que será moderado pola xornalista Chus Gómez e contará coas autoras Ana Cabaleiro López e Lorena Conde Martínez que abordarán o contido das súas obras ‘Deixádenos remar’ e ‘Velloucas e minchas’.