Faladoiro Literario Feminista

Para poñerlle o peche ao programa de actividades deseñado co gallo do 8 de marzo pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Pontevedra, este mércores 29, realizarase un Faladoiro Literario Feminista na sede do CIM de 19:00 a 20:30 horas.

O coloquio presentado pola concelleira, Yoya Blanco, estará moderado pola xornalista Chus Gómez Dorrego. Participarán nesta conversa as autoras Ana Cabaleiro López e Lorena Conde Martínez que abordarán o contido das súas obras ‘Deixádenos remar’ e ‘Velloucas e minchas’.

A entrada ao faladoiro é libre ata completar aforo aínda que, debido ao reducido do espazo, o CIM recomenda reservar praza previamente (no teléfono 986 864825 ou no mail igualdade@pontevedra.eu). Tamén poderá seguirse a través da canle de YouTube do Concello e posteriormente na web e nas redes sociais da Concellería de Igualdade.